Entrecastelos
 
 

A Cabra da Minxinica


acabra.jpg

  

Fai xa moitos anos  había nunha pequena aldea da Galicia rural, unha muller alcumada a Minxinica,   cuxa subsistencia se baseaba na súa colleita  de patacas e algunhas legumes, pero sobre todo na leite que a diario lle proporcionaba a súa cabra que era ademáis, toda a súa compaña.

Compenetrábanse  de tal xeito que se entendían cun solo xesto.

  O seu fogar era unha pequerrecha casiña de unha sola estancia que  facía de cociña –a pedra da  lareira e enriba dela, os tres pes co pote- , dormitorio e corte para a cabra.
   Tódolos  días saían xuntas da casa hacha unha pequena horta na que plantaba principalmente patacas, millo, fabas e verzas, mentres a cabra pacía polos arredores. A cabra camiñaba solta sempre o seu carón e nunca a deixaba soa, xa que incluso para o xantar, volvían xuntas.
   Tiñan que atravesar unha estrada que por aquel entón no tiña moita circulación. Animais e xente a atravesaban sen miramentos e por calquera sitio, pero un día,  un mozo da mesma aldea que conducía unha moto, ó saír dunha curva atopouse de repente cos dúas do conto, atropelando á cabra.
     A cabra deitada no chan  patexaba sen poder levantarse e a Minxinica berraba e choraba desconsolada pola súa cabra, o mozo trataba de calmala dicíndolle que  o seguro da moto cubriría os gastos e pode que lle deran para mercar outra, pero a pobre da muller non se atiña a razóns, non lle importaban os cartos, solo a súa cabra que agora tiña unha pata rota e xa nunca sería a de antes.  O mozo na súa afán de tranquilizala díxolle que sabia como curala e foi a procura dos elementos necesarios para facelo. Enderezoulle a pata que tiña rotos a tibia e o peroné, colocoulle barro o redor da zoa da rotura e vendeuna, facendo logo un bocadillo cunhas táboas finas para que non se movera,  e recomendando que a tivera certo tempo en repouso absoluto. Transcorrido o tempo en que os osos xa deberían estar soldados, o mozo e a Minxinica decidiron quitarlle a vendaxe,  un suspiro de espanto escapou da gorxa da pobre Minxinica, a pata caeu ó chan,  seca coma unha cana vella. Esta vez a muller vertía  unhas bágoas en silencio abrazada a súa cabritiña.
 -Isto aínda ten un remedio- atinaba a dicir o rapaz facéndose cargo da dor que mostraba a Minxirica.
-O señor Andrés, O Ferreiro, é moi mañoso e seguro que atopa unha boa solución-
   Posto en contacto co Ferreiro, este despois de tomarlle as medidas do cacho de pata que lle faltaba, fabricou unha prótese  con madeira e coiro,  ao estilo das dos piratas e axustoulla á cabra.
  Agora volvían a verse a Minxirica e cabra camiñando de novo xuntas coxeando ámbalas dúas cun ritmo que parecía adestrado para un ballet, pois tamén a muller coxeaba por mor dunha lesión de cadeira.
  A noticia, como é lóxico nos lugares pequenos, correu pola aldea facéndose famosa a Minxirica e a súa cabra, deixando ademáis na comarca un dito:

- Qué non che pase coma a cabra da Minxirica!-

Se alguén aparecía cunha perna o un brazo escaiolado.

Xosé da Casilla.