|
A gaivota
Coma en outras moitas ocasións fixera, ese día fun tamén á zona que en Ares é chamada O Castelo, nome dado por un vello castelo do que hoxe en día apenas quedan catro pedras despois de que a acción do mar, derribase parte de costa que o sostiña. pero que forma parte do escudo da Vila. A os pes desas ruínas comeza unha rochosa ribeira, descubrindo na marea baixa un leito de pedras, area e lama, onde teñen o seu refuxio multitude de pequenos crustáceos, ameixas, mexillóns, minchas e tamén, a chamada pola zona, miñoca, que incrustada no gancho serve para pescar coa liña peixes na Ría.
|
Zona do Castelo (Ares)
|
A miñoca enterrada na area cóllese cun sacho ou raño. Eu metido na faena no me decatei dos avisos repetidos dunha gaivota que non vía con bos ollos que un “intruso” ficara preto do seu territorio hasta pasou rozando a miña cabeza coas súas patas, ó tempo que lanzaba uns berros ameazadores. Posto en garda xa, vin que volvía a carga lanzada en picado hacha min, encollinme o que puiden para esquivala pero aínda así rozoume o lombo, collín pedras e comecei a lanzarllas coa intención de que me deixara en paz, pero a teimada gaivota non cesaba no seu ataque redobrando os berros, berros que pouco a pouco foron atraendo a outras que voando en círculos, facendo uns berros enxordecedores, arroupado á cabreada gaivota que eu supoñía que debía defendelo seu lugar por telo niño cerca.
Por momentos a perdía entre a multitude, pero axiña saia entre elas lanzada e alcanzando unha velocidade tal que a min non me deba tempo nin a soltala pedra que lle tiña disposta. Non me considero un caguiñas, pero a insólita situación que estaba a vivir, solo naquela ribeira, e a tiro dos cabreados paxaros , fixo que lembrara a película de Alfred Hiscok “Los pájaros”, e senso común ditoume que o mellor que podía facer era recollelos meus trebellos e saír de alí pitando.
Pola tarde e coa marea chea saín do porto coa miña chalana disposto a pescar algún xurelo o faneca ou se cadra vir zapateiro, como tantas veces lle pode pasar a un mal afeccionado coma min. Cun pouco de morbo achegueime remando o lugar onde me atacara a gaivota e nada máis virala punta do Castelo xa a vin nunha das rochas que sobresaía do mar. Antes de chegar a súa altura saíu cara a min coa mesma traza ameazante de pola mañá, esta vez dando unhas pasadas por riba da miña cabeza pero sen chegar a rozarme, supoño que perdoándome o peiteado vendo que o traxecto da embarcación non ía xa hacha o seu dominio .
Confeso que estaba intrigado por aquel estraño comportamento aínda que cavilaba que se trataba de unha nai celosa gardando as súas crías.
Non recordo se a pesca foi boa, pero si recordo que xa tiña unhas fanequiñas separadas para intentar facerme amigo daquel paxaro que parecía o louco que saía nos debuxos animados da televisión, alí estaba no alto da pena e cando saíu ó meu encontro, lancei un peixe ó mar, que ela coma boa pescadora recolleu, esquecéndose do ataque que xa me tiña preparado e volvendo a rocha, desaparecendo pouco despois entre algunha das gretas que desde o meu bote non ollaba.
Nunca máis me volveu a atacar, pasei outras moitas veces por alí e solo saía da rocha cando eu lanzaba o peixe o mar. Unha mañá de finais de agosto vin a enorme gaivota con tres pequerrechas.
A gaivota obtivo o meu recoñecemento e respecto pola defensa da súa prole que fixera por riba da súa integridade física. |
|
|