|
Xa no século pasado:
primeiro coa forestal
logo o desgasificado
foron coméndolle o mar
despois coméronlle a terra
e pa poderse fartar
hortas, casas e camiños
(mesa de luxo e mantel)
queren comelos veciños.
Que loita máis desigual
David se encarna en Mehá
Goliat en capital:
Atacan por estribor
Tojeiro , Caixa , Fenosa
Xunta e Concello a babor
¡Dios!, veñen como formigas,
os amigos do poder
recrutan bandas amigas
Súmanse a eles cegos,
mudos, oportunistas,
políticos, civís e cregos
Xuíces e avogados,
os que se deixan levar,
e os que levan os deixados.
Santos de última hora
que camiñan baixo palio
revolución a deshora
que fan do nacionalismo
a terra como bandeira
a bandeira do arribismo
da nazón de Breogán
a nazón dos poderosos
deixando os probes sen chan
crendo que os xenerosos
son os que teñen cartos
e os demais son revoltosos
os que creando partido,
¿independente de quen?,
déronlle a vida sentido
No ameto municipal
ca defensa do inimigo.
fariña doutro costal
Os amigos do armador
levan bandeira pirata
e piratas no motor
mentres na nosa chalana
que só pretende ser bote
a “luz marina” se afana:
Primeiro en mantela a flote
e despois vendo o xigante
confiándose na sorte
Intenta arribar a porto
camiño dos carabés
e alí cheiraba a morto
puxo proa a “escalerilla”
e non se puido acercar
pois mandaba “Pancho Villa”
(segundo un empregado,
con acento canadense,
e con rostro de apampado)
¡Cara a Punta Promontoiro!,
berrou sinalando a Rampla,
¡Bágoas de mal agoiro! |
Xa nos roubaran as pedras
As pedras da no nosa infancia
hai tanques en vez de hedras
Pasamos polo Loureiro,
Esteirón, Punta de Cotos
I enfronte o Galiñeiro
Na rica entrada da Barca,
Onde naceu o marisco
Alí onde o mar se acaba
Varou a nosa chalana
(xa tiña pinta de dorna)
i empezamos esta andaina:
Cañota, Eira, Cardido,
O Penedo, e A Predeira
Penela, Casilla, rilo,
Areosa e os casás
Fontenova, Fontegrande
Fieiteiras e os Corzás
Fomos gañando unidades
Decenas, incluso centos,
Convictos, sen vaguidades.
Recluídos no concello
mentres chegan os reforzos
pensaba en voz alta un vello:
Amigos de Breogán:
cando a nosa voz pregoa
os bos, ¿ónde estarán?.
Onde están os xenerosos
dos que falaba Pondal
¿serán estes poderosos?
De verdade, ¿quénes son?.
se nosa voz non entenden
nin o noso ronco son
Son imbéciles e escuros,
aínda que non iñorantes,
si son féridos e duros.
Mentres dorme tranquilo
o corazón de Mugardos,
comen no Pazo de Rilo
os “capos” de Reganosa,
as “panzas agradecidas”,
xerifaltes de Fenosa.
Pensaba o vello en voz alta:
se os ricos están xuntos
nesta loita, ¿quen nos falta?.
Enfronte témolos pillos.
Se nos témola razón
Envíanos os teus fillos,
Se fuches pai Breogán,
E miras desde o Penedo
a enorme planta de gas
Esperamos no concello…
suma os teus achegados,
seguía pensando o vello,
a os veciños de Mehá,
súmaos a nosa causa
E cumprido fin terán.
Stlalvarellos. |
|
|
|
|